Valide é un servizo en liña ofrecido polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública para a validación de Firmas e Certificados electrónicos. É unha solución de referencia para cumprir coas medidas de Identificación e autentificación descritas na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O obxectivo deste servizo é permitir a un usuario comprobar que o certificado utilizado é un certificado válido e que non foi revogado. Tamén permite comprobar a validez dunha firma electrónica realizada mediante certificado dixital emitido por un prestador de servizos de certificación recoñecido, e realizar firmas mediante certificado dixital do que se dispoña da clave privada correspondente.
A aplicación está dispoñible en https://valide.redsara.es https://valide.redsara.es e ofrece as seguintes seccións:
- Validar Certificado
Permite validar o estado dun certificado dixital emitido por calquera entidade de servizo de certificación recoñecida.
- Validar Certificado de Sede Electrónica
Permite validar o estado dun certificado dixital de sede electrónica.
- Validar Firma
Permite consultar a validez dun documento asinado electronicamente con múltiples formatos e tipos de certificados, como facturas electrónicas, contratos, etc.
- Realizar Firma
Permite asinar electronicamente un documento con calquera certificado recoñecido coas máximas garantías de integridade e autenticidade.
- Visualizar firma
Permite descargar un xustificante pdf da firma no que aparece o documento orixinal xunto co nome e DNI/NIF dos asinantes impresos no lateral.