Que servizos son alcanzables vía SARA?
En xeral, calquera servizo que unha Unidade Administrativa ofreza ao resto por esta infraestrutura. A rede SARA permite que as administracións compartan entre elas todos os servizos que estimen necesarios.
Ademais existen servizos comúns que facilitan o despregamento da oferta de administración electrónica, e aos que as diferentes administracións poden acceder, tales como os seguintes:
- Verificación dos datos de identidade e residencia.
- Plataforma de validación de firma electrónica (@Firma).
- Solicitude de cambio de domicilio.
- Pasarela de pago.
- Rexistro electrónico común.
- Consultas do estado de expedientes
- Catálogos de procedementos das AAPP
- Videoconferencia.
- Voz IP
- Centro de Transferencia de Tecnoloxía.
- Servizos de nova creación