accesskey_mod_content

Dispoñible o modelo de datos do Expediente Dixital do Docente

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

12 decembro 2017

O Expediente Dixital do Docente é un modelo de datos deseñado para conter a información relativa á historia académica e profesional do persoal docente nas etapas educativas non universitarias.

O Expediente Dixital do Docente foi desenvolvido por expertos do mundo da educación en colaboración con diferentes administracións educativas do estado. O traballo consistiu en identificar e definir os  campos necesarios para albergar a información profesional do docente que actualmente reside en diferentes administracións e formatos, de tal forma que poida ser utilizado para o intercambio dixital da mesma entre diferentes sistemas.

O modelo deseñouse a partir de seis categorías:

  1. Datos de identificación
  2. Datos académicos
  3. Historial administrativo
  4. Formación e perfeccionamento
  5. Outros méritos
  6. Metadatos dixitais do expediente

Unha das aplicacións futuras ás que pode dar soporte este modelo é nos procedementos de mobilidade de profesorado a nivel nacional, de forma que a información da docente viaxe de modo dixital e automatizado, sen necesidade de intervención manual ou en formato papel.

O modelo cumpre coas Normas Técnicas de Expediente Electrónico que define o Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), (Abre en nova xanela) co que pode ser reutilizado de acordo ás especificacións normativas vixentes.

Coa finalidade de dar o Expediente Dixital do Docente e deixalo para uso libre, do mesmo xeito que se fixo para o Expediente dixital do alumno, publicouse no Centro de Transferencia de Tecnoloxía.

Desde aquí pódese consultar a información xeral e a información técnica do modelo. Na “Área Descargas” atópase a información técnica detallada, cun documento descritivo do modelo de datos, os esquemas XSD  e un ficheiro XML de exemplo.

Máis información na solución Expediente Dixital Docente

Máis información en INTEF(Abre en nova xanela)

 

 

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía
Punto de Acceso Xeral
 
Punto de Acceso Xeral