accesskey_mod_content

Estratexias

  • Opinar
  • Escuchar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

Nun momento de continuos cambios, nos que a eficiencia e a competitividade das organizacións son a base da economía, un gran número de países puxeron en marcha diversas iniciativas orientadas á revisión das súas formas de traballo, co obxectivo de minimizar os custos en termos económicos e/ou sociais que as administracións impoñen a cidadáns e empresas.

Estratexias en Administración electrónica

Nos últimos anos, particularizando para o ámbito estatal, as actuacións emprendidas foron moi importantes en todas as administracións, nacional, autonómica e local. Cada unha das administracións ten as súas estratexias pero os obxectivos en todas elas son moi similares. Non así, o nivel de avance e desenvolvemento dos servizos electrónicos. A Administración Xeral do Estado foi unha das pioneiras en desenvolver e implantar servizos telemáticos, pero o impulso decidido cara á eAdministración concrétase co plan Moderniza e continúase a través dos diferentes plans estratéxicos baixo os que se lanzan as diferentes iniciativas. O camiño percorrido pola eAdministración para as CCAA foi moi heteroxéneo pero, no entanto, a tendencia en todas elas seguiu a mesma traxectoria. Esta sección revisará as principais accións que as distintas administracións públicas están a realizar para impulsar a eAdministración e o estado no no que se atopan.