accesskey_mod_content

Nuevo Informe de Buenas Prácticas sobre el Perfil de Cumplimiento en la Declaración de Aplicabilidad en el ENS

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

05 xullo 2019

El informe incluye el procedimiento para definir la declaración de aplicabilidad, la categorización de un sistema, la determinación de los niveles de seguridad por dimensión, de la categoría y de las medidas de aplicación, ejemplos y el perfil de cumplimiento.

El CERT del Centro Criptológico Nacional (CCN-CERT) ha publicado un nuevo Informe de Buenas Prácticas en la parte pública de su portal. El documento CCN-CERT BP/14 (Abre en nova xanela) ten por obxectivo explicar o procedemento para definir a declaración de aplicabilidade no Esquema Nacional de Seguridade (ENS).

O informe inclúe a determinación da categoría dun sistema (Básica, Media ou Alta), a cal se basea na valoración do impacto que tería sobre a organización un incidente que afectase á seguridade da información ou dos sistemas. Así mesmo, o documento contempla a determinación dos niveis de seguridade en función da dimensión.

Outro dos puntos principais é o relativo á determinación das medidas de aplicación, necesarias para lograr o cumprimento dos principios básicos e requisitos mínimos establecidos no ENS. Neste sentido, o Anexo II do Real Decreto 3/2010 recolle a correspondencia entre os niveis de seguridade esixidos en cada dimensión e as medidas de seguridade aplicables.

O informe finaliza cunha serie de exemplos, un apartado dedicado ao perfil de cumprimento, conformado este por un conxunto de medidas de seguridade e a súa implementación concreta resultado dunha análise de riscos, así como un decálogo de recomendacións.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Seguridade e Protección de Datos