REÚNECHE, o Servizo Común de Reunións Virtuais da Rede SARA, ofrece un servizo de videoconferencia a todas as Administracións Públicas. O seu obxectivo é facilitar o traballo en equipo evitando desprazamentos, reducindo o gasto e favorecendo a diminución da pegada de carbono. As súas funcionalidades son:
Videoconferencia en mobilidade: Acceso ao servizo desde Internet ou desde Rede SARA utilizando unha navegador web.
Conexión de salas tradicionais de videoconferencia: Mediante protocolo SIP/H.323
Conexión por voz: Mediante chamada telefónica.
Gravación de sesións: Distribuídas mediante o servizo horizontal Almacén.
Compartición do contido dun PC: Ben desde PC, ben desde un PC conectado a un terminal de videoconferencia o usuario pode compartir o contido da pantalla a través dunha canle adicional de vídeo.