O sistema ELI é un estandar flexible que cada Estado membro ten que adaptar ás peculiaridades do seu sistema xurídico. No caso de España, as directrices comúns para a implementación do identificador acordáronse na Comisión Sectorial de Administración Electrónica, mediante a aprobación dunha Especificación Técnica para a aplicación do identificador á normativa estatal e autonómica. Nunha segunda fase prevese ampliar a especificación para poder aplicar o ELI tamén á normativa das Cidades Autónomas e as entidades locais.
En paxínaa www.elidata.es pode atoparse información detallada sobre o proxecto así como as últimas novidades.