Os "Core Vocabularies" son o resultado do consenso de varios grupos de traballo dentro da iniciativa SEMIC (Comunidade de Interoperabilidade Semántica) do programa ISA2 da Comisión Europea.
Estes vocabularios son de utilidade para:
- Desenvolver novos sistemas de información
- Facilitar o intercambio de información entre sistemas existentes
- Integrar datos de fontes heteroxéneas
- Publicar datos nun formato común de exportación
Os vocabularios definidos por SEMIC son:
- Core BUSINESS Vocabulary como modelo de datos que describe unha entidade legal ou persoa xurídica
- Core LOCATION Vocabulary como modelo de datos que describe unha localización representada como unha dirección, un lugar xeográfico ou unha xeometría
- Core PERSON Vocabulary como modelo de datos que describe unha persoa
- Core CRITERION & EVIDENCE Vocabulary como modelo de datos que describe os criterios e evidencias que debe cumprir unha entidade privada para poder proporcionar un servizo público. Un "Criterio" é unha regra ou un principio utilizado para xulgar, avaliar ou examinar algo. Unha "Evidencia" é a forma en que pode probarse que se satisfai un criterio.
- Core PUBLIC ORGANISATION Vocabulary como modelo de datos que describe unha organización pública na Unión Europea.
- Core PUBLIC EVENT Vocabulary como modelo de datos que recolle as características fundamentais dun acto público, como o título, a data, o lugar, o organizador, etc.