O artigo 156 da Lei 40/2015 recolle o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) que “ten por obxecto establecer a política de seguridade na utilización de medios electrónicos no ámbito da presente Lei, e está constituído polos principios básicos e requisitos mínimos que garantan adecuadamente a seguridade da información tratada”.
O ENS foi establecido anteriormente polo artigo 42 da Lei 11/2007 e está regulado polo Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro , que foi modificado polo Real Decreto 951/2015
para actualizalo a luz da experiencia obtida na súa implantación, da evolución da tecnoloxía e as ciberamenazas e do contexto regulatorio internacional e europeo.
As instrucións técnicas de seguridade , de obrigado cumprimento, son esenciais para lograr unha adecuada, homoxénea e coherente implantación dos requisitos e medidas recollidos no Esquema e, particularmente, para indicar o modo común de actuar en aspectos concretos.
Para información máis detallada sobre o ENS pode consultar a sección específica do ENS no PAe .