Decidim [ https://decidim.org ] é unha infraestrutura dixital para a democracia participativa baseada en software libre (Ruby on Rails), que facilita a creación de portais de participación cidadá. As persoas usuarias da plataforma (participantes) interactúan a través dos mecanismos de participación chamados compoñentes que ofrecen funcionalidades específicas para diferentes espazos de participación. É dicir, os espazos de participación como as Iniciativas , as Asembleas , os Procesos ou as Consultas dispoñen de compoñentes que se combinan como mecanismos de participación. Entre os compoñentes máis destacados están os encontros presenciais , as enquisas , as propostas , as votacións, o seguimento de resultados e os comentarios . Por exemplo, un proceso de participación específico como a elaboración de orzamentos participativos, pode combinar, nas súas diferentes fases, varios compoñentes para: convocar e rexistrar os resultados de encontros presenciais coa cidadanía, realizar unha enquisa, facer propostas, e nas fases finais do proceso, facer unha votación para decidir sobre os proxectos cun sistema de gasto do orzamento (sempre despois dun período de comentarios e debates), realizar unha enquisa de avaliación e, finalmente, un seguimento da execución dos proxectos escollidos.
O código fonte atópase dispoñible nos seguintes repositorios de Github: