A 15ª edición do Índice de Innovación Global (GII, nas súas siglas en inglés) proporciona novos datos e análises sobre o estado da innovación global e permite aos lectores e responsables políticos comparar o desempeño do ecosistema de innovación de máis de 130 economías. A edición 2022 do GII rastrexa as tendencias de innovación global máis recentes no contexto dunha pandemia de Covid-19 en curso, a desaceleración do crecemento da produtividade e outros desafíos.
O enfoque temático desta edición sobre o futuro do crecemento impulsado pola innovación ofrece unha perspectiva sobre se o estancamento e o baixo crecemento da produtividade chegaron para quedar, ou se estamos a piques de entrar nunha nova era, onde os novos brotes de innovación -a era dixital e as ondas de innovación da ciencia profunda- provocan unha mellora económica.
A última edición outorga a España unha puntuación de 44,6 puntos e a 29ª posición dos 132 países analizados, a 18ª entre os países europeos, un posto por encima da edición de 2021.