accesskey_mod_content

A necesaria xeneralización da sociedade da información é subsidiaria, en gran medida, da confianza que xere nos cidadáns a relación a través de medios electrónicos.

No ámbito das Administracións públicas, a consagración do dereito a comunicarse con elas a través de medios electrónicos comporta unha obrigación correlativa das mesmas, que ten, como premisas, a promoción das condicións para que a liberdade e a igualdade sexan reais e efectivas, e a eliminación dos obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude, o que demanda incorporar as peculiaridades que esixen unha aplicación segura destas tecnoloxías. A iso veu a dar resposta o artigo 42.2 da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, mediante a creación do Esquema Nacional de Seguridade, cuxo obxecto é o establecemento dos principios e requisitos dunha política de seguridade na utilización de medios electrónicos que permita a adecuada protección da información.

Punto de Acceso Xeral
Punto de Acceso Xeral