accesskey_mod_content

SSD-AAPP versión 4

O Sistema de Soporte á Decisión das Administracións Públicas versión 4 (en diante SSD-AAPP), é unha ferramenta automática, baseada nunha metodoloxía sinxela, cientificamente apoiada, segura e transparente que potencia a fiabilidade e independencia da toma de decisións.

O SSD-AAPP, permite clasificar de mellor a peor, segundo uns criterios previamente definidos, as diversas alternativas que se barallen como solución a un problema.

SSD-AAPP v4

Esta publicación está dirixida a aqueles lectores, que pola súa participación ou relación cos procesos de decisión do sector público, estean interesados en coñecer o Sistema de Soporte á Decisión das Administracións Públicas e complementa á aplicación que pode descargarse do Directorio de Iniciativas que se aloxa no Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT): Máis informacion sobre a ferramenta SSD-AAPP no CTT(Abre en nova xanela)

Considerando a diversidade de lectores que poden achegarse a esta publicación e os distintos alcances do seu interese, optouse por estruturar o contido da mesma nun conxunto de elementos independentes, que, con diferente composición e extensión pretenden dar resposta a cada lector particular.

Punto de Acceso Xeral
Punto de Acceso Xeral