O anuncio realizouse no Día Dixital da UE, en Roma, xunto con outras iniciativas que teñen como obxectivo promover a cooperación entre os Estados Membros para preparar mellor á sociedade en pos de aproveitar todo o potencial da transformación dixital. Moitos países da UE están a implantar a administración dixital nos seus servizos públicos para aforrar tempo, reducir custos, aumentar a transparencia e mellorar a calidade dos mesmos. Facer isto de maneira coordinada garante que o sector público non só é dixital, senón tamén interoperable.
O novo Marco Europeo de Interoperabilidade axudará aos Estados Membros a seguir un enfoque común ao pór os seus servizos públicos dispoñibles en liña; tamén unificará as comunicacións e xestións entre países e ámbitos políticos. Isto contribuirá a reducir a burocracia para as persoas e as empresas á hora de realizar certos trámites como poden ser a solicitude de certificados ou a entrega das declaracións de impostos.
O Marco confórmano un conxunto de 47 recomendacións actualizadas de interoperabilidade que poden aumentar a interoperabilidade. A aplicación do mesmo por parte das administracións públicas europeas garantirá que os seus servizos se normalizan, automatizan, racionalizan e proporcionan de forma segura en menos tempo e con menos esforzo. Tamén asegurará que os datos estean máis dispoñibles e de calidade que permita unha mellor análise e toma de decisións. Ditas recomendacións teñen en conta diferentes políticas da UE, como Directiva revisada sobre a reutilización da información do sector público , a Directiva INSPIRE e o Regulamento eIDAS , así como novas iniciativas da UE, como European Cloud Initiative , o Plan de Acción 2016-2020 e os xa previstos, como o Portal Dixital Único .
En canto ao seu futuro próximo, hai que apuntar que a Comisión Europea dirixirá e coordinará a execución e o seguimento do Marco pero contando co apoio do programa ISA² . Ademais, espérase que os Estados Membros completen as accións da UE, identificadas o Plan de Acción de Interoperabilidade, con accións nacionais. A Comisión avaliará a aplicación do Marco Europeo de Interoperabilidade revisado para finais de 2019.