A Lei ten como obxectivo fundamental implementar en España unha contratación pública socialmente responsable. Para iso, introduce como finalidade da contratación pública o cumprimento de principios de integridade e promoción de aspectos sociais como medio de lograr a transparencia, igualdade, concorrencia e unha mellor relación calidade prezo. Para iso introduciu novidades dirixidas á consecución de todos eles.
A nova Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, entre outras cuestións introduce a prohibición de contratar co Sector Publico a aquelas empresas de máis de 50 empregados que non cumpran coa cota legal do 2% de persoas con discapacidade nos seus persoais, a posibilidade de incorporar de maneira transversal e preceptiva cláusulas sociais así como a reserva dunha porcentaxe mínima de determinadas actividades a Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción
Durante a xornada analizaremos as principais novidades da Lei en canto aos seus aspectos sociais, a súa aplicación práctica como medio de implementar e desenvolver a responsabilidade social de empresas e sector público e como este reto pode converterse nunha gran oportunidade para a promoción e igualdade dos colectivos máis desfavorecidos.