accesskey_mod_content

A ferramenta AVALÍA_RISCO RGPD da AEPD

20 xullo 2021

A nova ferramenta AVALÍA_RISCO RGPD ten un triplo obxectivo: identificar os factores de risco para os dereitos e liberdades dos interesados, facer unha primeira avaliación do risco intrínseco e estimar o risco residual se se utilizan medidas e garantías para mitigar os factores de riscos específicos.

A ferramenta AVALÍA_RISCO RGPD ten como obxecto servir de axuda a responsables e encargados a identificar os factores de risco para os dereitos e liberdades dos interesados cuxos datos están presentes no tratamento, facer unha primeira avaliación do risco intrínseco, incluíndo a necesidade de realizar unha EIPD, e estimar o risco residual se se utilizan medidas e garantías para mitigar os factores de riscos específicos.

O propósito desta ferramenta é dar soporte a responsables e encargados no seu proceso de xestión do risco para os dereitos e liberdades e, no seu caso, a realización da EIPD, en liña coa guía de " Xestión de risco e avaliación de impacto en tratamentos de datos persoais(Abre en nova xanela) " publicada pola AEPD.

Os factores de risco despregados nesta ferramenta (descargable en formato ZIP  aquí(Abre en nova xanela) ), non teñen carácter exhaustivo, senón de mínimos, e o responsable deberá identificar aqueles que sexan específicos para o tratamento e incluílo na súa avaliación.

A valoración do nivel de risco para cada factor que efectúa a ferramenta, así como o cálculo final de nivel de risco, ten carácter xeral e supón unha avaliación mínima que, no seu caso, terá que ser axustada polo responsable para determinar o nivel de risco do tratamento con precisión.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Servizos electrónicos