accesskey_mod_content

O intercambio de asentos rexistrais en SIR supera o oito millóns de asentos en agosto

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

19 setembro 2018

Logo SIR

Durante o mes de agosto alcanzouse a cifra de 8.007.354 de asentos rexistrais electrónicos intercambiados por SIR

Ao finalizar o mes de agosto, superáronse os 8 millóns de asentos rexistrais electrónicos intercambiados por SIR. Aproximadamente, o 50% destes asentos corresponden á AGE (3.975.759) aínda que o máis significativo deste mes, foi o forte crecemento dos asentos rexistrais electrónicos enviados polas Entidades locais (3.005.161) debido á progresiva e crecente incorporación de concellos á plataforma (3.448 entidades locais integradas) superándose xa o 75% de cobertura do total da poboación española (75’81%).

As provincias que experimentaron un maior crecemento durante o mes de agosto en canto ao número de concellos integrados en SIR, foron Cádiz e Valencia. Respecto ao mes de xullo, Cádiz pasou de ter o 30% dos seus concellos integrados, ao 59% e Valencia, co 45% dos seus municipios en xullo, alcanzou o 56% dos seus municipios.

As presentacións rexistrais en Rexistro Electrónico foron de 76.994 rexistros presentados, cifra sensiblemente inferior ao mes de xullo, pero significativa, xa que durante o mes de agosto a actividade laboral e mercantil diminúe debido ao período estival.
Tamén cabe destacar que, no mes de agosto, incorporouse a SIR a Universidade de Vigo, sendo oito o número de universidades públicas integradas na plataforma na actualidade.

Máis información na Solución SIR do CTT

  • Infraestruturas e servizos comúns