O obxectivo que se marcou a Comisión Europea con guíaa “ Administración electrónica nas administracións locais e rexionais: orientación, ferramentas e financiamento para a implementación ” é que a administración electrónica sexa efectiva para todos os cidadáns, independentemente do núcleo poboacional onde vivisen.
As administracións locais e rexionais teñen un papel importante tanto na modernización das administracións e os servizos en áreas de importancia para a sociedade como na responsabilidade de proporcionar directamente aos seus cidadáns servizos para cumprir as expectativas nun mundo cada vez máis dixitalizado.
A Comisión Europea apoia a aceleración da transformación dixital dos gobernos a todos os niveis: nacional, rexional e local a través do Plan de Acción de Administración Electrónica da UE 2016-2020.
Esta guía ten como obxectivo apoiar a implementación da administración electrónica a nivel local e rexional, e aborda cuestións tales como a creación dunha estratexia, infraestrutura, datos abertos e servizos abertos, innovación do sector público, oportunidades de financiamento e premios dispoñibles para fomentar a administración electrónica. Tamén contén recomendacións concretas para a apertura de datos e a toma de decisións aberta, ferramentas, plataformas de aprendizaxe e moitas ligazóns útiles.