accesskey_mod_content

Dispoñible a aplicación para a Xestión de Expedientes da Dependencia

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

25 abril 2017

Atópase dispoñible a aplicación para a Xestión de Expedientes da Dependencia (Lei 39/2006) de Ceuta e Melilla.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), órgano responsable da xestión da Dependencia en Ceuta e Melilla, pon a disposición esta aplicación ás Comunidades Autónomas ou a calquera Administración Pública que estea interesada e teña a competencia na xestión de expedientes de dependencia.

A aplicación engloba todo o proceso de xestión de expedientes de dependencia. Cada menú céntrase nun aspecto concreto deste proceso. A través deles permite xestionar os distintos trámites implicados: solicitude, cita, valoración, ditame, resolución de recoñecemento da situación de dependencia, PIA (Programa Individual de Atención) e resolución do recoñecemento da prestación.

A aplicación conta cun módulo de interoperabilidade que permite o envío dos datos ao IMSERSO.

Máis información sobre a solución Xestión de Expedientes da Dependencia no CTT.

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía