accesskey_mod_content

A última versión de Google Chrome xa desactivou JAVA

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

16 abril 2015

logo suite afirma

O cliente @asina explica como forzar en google chrome a activación de JAVA, opción que estará unicamente dispoñible ata setembro de 2015, para permitir continuar usando a applet java Cliente @asina.

O soporte para NPAPI foi desactivado por defecto en Google Chrome, sendo posible a súa habilitación temporal (ata setembro de 2015) para os usuarios avanzados a través de chrome://flags/#enable-npapi. Esta activación é necesaria para que poida ejectuarse a applet Java Cliente @Asina.

Os pasos a seguir para a dita activación foron descritos polo cliente @asina na noticia  " Google Chrome desactivou a execución de Java ".

Así mesmo, desde o mes de marzo xa está dispoñible a versión Beta do Cliente @Asina que permite a execución en contornas que non soportan JAVA e que será a solución definitiva a esta problemática.

  • Identidade e Firma electrónica
  • Infraestruturas e servizos comúns
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía