accesskey_mod_content

A Xunta de Galicia pon en marcha unha Comunidade Virtual de Aprendizaxe para os profesionais do campo xudicial.

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

26 febreiro 2013

Esta plataforma é un punto de encontro en liña para a resolución de dúbidas e a compartición de coñecemento entre usuarios e formadores.

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de pór en marcha unha plataforma web para mellorar a capacitación dos profesionais da Administración de Xustiza nas aplicacións informáticas do campo xudicial.

Trátase da Comunidade Virtual de Aprendizaxe, un espazo accesible a través da intranet de Xustiza, concibido como punto de encontro para resolución de dúbidas, a ampliación de coñecemento e o acceso sinxelo a toda información dos cursos e os materiais didácticos das aplicacións informáticas da Xustiza.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Infraestruturas e servizos comúns
  • Cooperación interadministrativa