Os membros do xurado destacaron a iniciativa española entre 38 proxectos presentados a esta 6ª edición do premio, ao considerar que é unha práctica innovadora que permite mellorar a eficacia e o funcionamento do sistema xudicial.
O sistema Lexnet permite o envío das comunicacións entre os Tribunais e os profesionais da Xustiza de forma segura e dotada das garantías de firma electrónica, por medio dunha aplicación web, dispoñible para a súa consulta as 24 horas do día.