" /> PAe - O Anteproxecto de Lei de Transparecia inclúe achegas dos cidadáns.
accesskey_mod_content

O Anteproxecto de Lei de Transparecia inclúe achegas dos cidadáns.

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

21 maio 2012

O proceso de consulta pública converte a elaboración da Lei de Transparencia en "un acto de transparencia mesma".

O Anteproxecto de Lei de Transparencia inclúe achegas dos cidadáns.

Case 80.000 cidadáns interesáronse pola elaboración da norma e enviáronse preto de 3.700 observacións, que se traduciron en significativas modificacións respecto ao primeiro texto publicado polo Goberno.

O Goberno enmarca esta reforma no seu programa de rexeneración democrática, pero insiste en que terá efectos económicos porque xera confianza e aumenta a responsabilidade dos xestores públicos.

O Consello de Ministros recibiu un informe da vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia sobre o Anteproxecto de Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. Ademais, acordou a súa remisión, para a redacción dos oportunos informes, á Axencia Española de Protección de Datos e ao Consello de Estado, como paso previo ao seu envío ás Cortes para a súa tramitación parlamentaria.

Máis información(Abre en nova xanela)

  • Cidadán
  • Goberno aberto
  • Cooperación interadministrativa