accesskey_mod_content

Nova funcionalidade - Mantis Bug Tracker

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

30 decembro 2011

O CTT pon a disposición de todos os seus usuarios e proxectos a ferramenta de xestión de incidencias MantisBT

O CTT pon a disposición de todos os seus usuarios e proxectos a posibilidade de utilizar a nova funcionalidade Barbantesa Bus Tracker indicada para proxectos de desenvolvemento colaborativo.

Mantis Bug Tracker é un xestor de incidencias que permite xestionar todo o ciclo evolutivo da incidencia desde a súa alta no sistema ata a súa resolución e peche final. Ademais facilita a xestión e evolución do proxecto xestionando os cambios asociados ás diferentes versións e xerando automaticamente logs de cambios, roadmaps, etc.

Calquera proxecto poderá solicitar o uso de MantisBT. Actualizáronse todos os manuais de usuario do CTT para contemplar o uso desta nova funcionalidade. Poden descargalos como usuario rexistrado desde a área de descargas do proxecto CTT