accesskey_mod_content

O Programa Europa Dixital 2021-2027 completa o seu trámite no Parlamento Europeo

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

30 abril 2019

O Parlamento Europeo votou a favor do financiamento do programa Europa Dixital 2021-2027, para o desenvolvemento da intelixencia artificial, a informática de alto rendemento, a ciberseguridade e as competencias dixitais. A súa aprobación completarase coa confirmación do Consello.

O obxectivo do novo programa de Europa Dixital, cuxa financiamento se aprobou nunha resolución(Abre en nova xanela) do Parlamento Europeo(Abre en nova xanela) o pasado 17 de abril, é apoiar a transformación dixital das sociedades europeas e das súas economías. Con el preténdese que os europeos conten coas competencias e as infraestruturas suficientes para responder os retos dixitais que se presentan na súa vida privada e laboral. Por iso, este programa afronta materias como a supercomputación, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, as competencias dixitais e a extensión das tecnoloxías dixitais na economía e a sociedade.

A pesar de ser só unha parte dunha estratexia máis ampla para desenvolver o potencial tecnolóxico do mercado único dixital, no seu texto consolidado(Abre en nova xanela) xa se aprecia que os esforzos realizados e o financiamento achegado van dirixidos en cinco direccións que afrontan outros tantos ámbitos: a supercomputación, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas e a extensión do uso das tecnoloxías dixitais en toda a economía e a sociedade.

  • Seguridade
  • Infraestruturas e servizos comúns
  • Servizos electrónicos