O Congreso anual de Mulleres no sector público trata de ser unha zona de encontro e reflexión de todas, pondo de relevo o valor das mulleres na administración pública. Este ano o V Congreso pon o acento no concepto de “Data Driven”, que significa a toma de decisións estratéxicas baseada na análise de datos.
Nun mundo que camiña cara á hipertecnologización, a xestión dos datos pasa a ser un elemento estratéxico que se ha de ter en conta nas nosas decisións, entramos na era DATAcéntrica e isto afecta as mulleres en moitos aspectos, polo que se ha de tomar conciencia da importancia dese tren de datos, para subirnos e baixarnos en todas as estacións que queiramos.
Neste congreso se tartará sobre formación, ocupación, territorio, xénero, xustiza, ética, poder, marca persoal e moito máis, todo iso desde os datos e con perspectiva de xénero.