Tras dous anos sen poder celebralo, volven as Xornadas Asticnet, organizadas pola Asociación Profesional de Corpos Superiores de Sistemas e Tecnoloxías da Información das Administracións Públicas (ASTIC), que este ano se celebrarán no Hotel Euroforum de San Lorenzo del Escorial (Madrid) os días 13 e 14 de outubro.
Na edición de 2022 trataranse, entre outros temas, os desafíos da Administración Pública 4.0, o marco normativo e ético para o despregamento da IA, a visión empresarial da Administración 4.0 ou o camiño cara a unha Administración Pública máis innovadora.