Para concretar o dereito dos cidadáns a comunicarse coa Administración por medios electrónicos créanse as Sedes Electrónicas (Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos e Real Decreto 1671/2009 de desenvolvemento parcial da este Lei).
As sedes electrónicas facilitan ao cidadán o acceso aos servizos electrónicos da administración, garántenlle uns servizos mínimos uniformes, un aspecto homoxéneo e unha identificación baixo o dominio ‘gob.es’.
Nas sedes electrónicas figuran claramente os termos da relación por medios electrónicos cos cidadáns: identificación, autenticación, accesibilidade, dispoñibilidade, integridade, veracidade, actualización da información, contido mínimo, protección xurídica e responsabilidade entre outros.
En definitiva, ao entrar nunha sede electrónica o cidadán:
- Terá confianza e seguridade ao utilizar os seus servizos electrónicos.
- Poderá realizar os trámites 24 horas x 365 días desde calquera sitio.
Nas sedes garántense os principios recolleitos na Lei: o dereito á protección dos datos de carácter persoal; a non discriminación para os cidadáns que non utilicen os medios electrónicos; a accesibilidade; a neutralidade tecnolóxica, a simplificación, transparencia e publicidade das actuacións administrativas, entre outros.
A Guía céntrase en todo o referente a Sedes (Títulos II e III) do RD 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos .