O CCN-CERT do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) actualizou o seu Informe de Boas Prácticas " Principios e recomendacións básicas en ciberseguridade ", un documento no que se ofrecen detalles sobre as principais ameazas do ciberespazo e recóllense recomendacións e medidas para evitalas.
O informe BP/01 detalla, así mesmo, os pasos a seguir para a elaboración dunha Política de Seguridade, e recolle un decálogo con consellos xerais para que calquera usuario poida mellorar a súa protección.