Saber máis
Ademais da información sobre o proceso de transición a IPv6 nas Administracións Públicas que se ofrece neste portal, o Acordo de Consello de Ministros do 29 de Abril de 2011 encomenda ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ofreza á sociedade en xeral un Portal de Internet específico sobre o protocolo IPv6, baixo o nome de dominio « www.ipv6.es », que conterá información explicativa e didáctica de carácter técnico sobre IPv6 e recollerá noticias relevantes de organizacións de referencia en materia de IPv6 no ámbito internacional.
Entre as organizacións internacionais que impulsan a transición a IPv6, ocupa un lugar destacado a Comisión Europea. Dentro do portal temático dedicado a Sociedade da Información pódese pode atopar información sobre os estudos e proxectos que foron desenvolvidos baixo a súa supervisión. A importancia para o benestar económico e social do proceso de transición a IPv6 queda de manifesto pola dedicación de contidos específicos á materia que dedica o OECD. Esta organización realizou diversos informes sobre o impacto sobre a economía do coñecemento que ten a transición a IPv6.
RIPE, o rexistro rexional para Europa dos recursos de Internet, responsable de liderar a integración da gobernación de Internet no noso continente dentro da súa gobernación global, mantén na súa web unha sección específica dedicada ao novo protocolo. Material audiovisual, listas de preguntas frecuentes e documentos técnicos de distinta profundidade poden atoparse nesta importante referencia.