Fontes do consistorio explican que durante o exercicio de 2012, desde o Concello enviáronse por correo certificado un total de 6.208 rexistros ao Ministerio. Calcúlase que o gasto deses envíos foi de case 23.600 euros. O convenio que agora se asina ten un custo de 6.700 euros ao ano, co que se consegue ese aforro de 17.000 euros.