accesskey_mod_content

Audiencia pública do Real Decreto sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do Sector Público

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

08 febreiro 2018

O trámite de audiencia pública atoparase aberto ata o próximo 27 de febreiro para recepción de comentarios.

O pasado 2 de Decembro de 2016 publicouse a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público, entrando en vigor o 22 de Decembro de 2016. Esta directiva establece os condicionantes, con respecto á súa accesibilidade, que deberán cumprir todos os sitios web e aplicacións móbiles do sector público: estatal, rexional, local, universitario, etc. incluíndo tamén entes como centros sanitarios e educativos, bibliotecas, tribunais, etc.

Segundo establece a propia directiva, esta deberá estar trasposta antes do 23 de setembro de 2018. Este Real Decreto que agora se somete ao trámite de audiencia pública atende ao requisito de transposición á lexislación española e virá substituír e mellorar as condicións que xa se esixían aos portais das administracións públicas no Real Decreto 1494/2007(Abre en nova xanela) , o cumprimento dos requisitos de prioridade 1 e 2 da norma UNE 139803:2012 (equivalente a nivel AA en WCAG 2.0).

El trámite de audiencia e información pública, tiene por objeto recabar la opinión de los ciudadanos titulares de derechos e intereses legítimos afectados por un proyecto normativo ya redactado, directamente o a través de las organizaciones o asociaciones que los representen, así como obtener cuantas aportaciones adicionales puedan realizar otras personas o entidades. Dicho trámite se encuentra publicado en la web do Ministerio de Facenda e Función Pública(Abre en nova xanela) . A recepción de achegas estará  aberta ata o próximo 27 de febreiro.

  • Accesibilidade
  • Servizos electrónicos