O Congreso NovaGob2023 alcanza a súa décima edición e constrúe o seu programa a partir de 10 propósitos para unha administración innovadora da man de grandes referentes da innovación pública. O obxectivo principal é continuar avanzando na transformación do sector público coas persoas e os valores como alicerces vertebradores, e prepararnos para responder con solvencia e aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrece a revolución tecnolóxica que experimenta a nosa sociedade.
Os 10 eixos ou propósitos que forman a estrutura desta edición están relacionados con dixitalización, igualdade, innovación, axilidade e control interno, contratación pública, datos, goberno aberto, persoas, comunicación e ODS. Todo desde a perspectiva do talento como ligazón transversal.
O programa completo está dispoñible na páxina web do Congreso , onde tamén se atopa o formulario de inscricións , que estará aberto ata o día 31 de outubro.