accesskey_mod_content

Accesibilidade en PDFs

Observatorio de Accesibilidade

A accesibilidade dos contidos dispoñibles en internet implica tamén aos documentos PDF e ao resto de documentos enlazados desde o HTML. Por tanto, é necesario asegurar que tanto os documentos ofimáticos como os seus PDFs derivados sexan accesibles. 

Estes documentos non se deben utilizar como escusa para non xerar contidos mediante (X)HTML+CSS. En xeral non se debe abusar dos documentos PDF para proporcionar información, utilizándoos unicamente en determinados casos, por exemplo folletos, documentos legais ou documentos de natureza extensa para os que sexa conveniente proporcionar unha versión descargable e imprimible.


Para xerar documentos PDF accesibles é imprescindible que os documentos xestionados a través dun procesador de textos (office word, libre office, etc.) sexan accesibles. Para xerar estes documentos accesibles pode seguir as indicacións recollidas nas seguintes guías.

Punto de Acceso Xeral
Punto de Acceso Xeral