accesskey_mod_content

Ábrense as primeiras convocatorias de propostas no marco do Programa Europa Dixital

  • Escoitar
  • Copiar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

22 novembro 2021

A Comisión anunciou esta semana a primeira serie de convocatorias de propostas no marco do Programa Europa Dixital. Isto segue á adopción dos programas de traballo que asignan case 2000 millóns de euros a investimentos destinados a avanzar na transición dixital.

As convocatorias(Abre en nova xanela)  están abertas a empresas, organizacións e administracións públicas dos Estados membros da UE, así como a entidades doutros países asociados ao Programa Europa Dixital.

A estas subvencións destinarase un investimento de máis de 415 millóns de euros ata finais de 2022 repartidas en campos como:

  • infraestrutura cloud to edge
  • espazos de datos
  • intelixencia artificial (IA)
  • infraestrutura de comunicación cuántica
  • mellora as habilidades dixitais das persoas
  • proxectos que promovan unha Internet máis segura e loiten contra o abuso sexual infantil
  • proxectos contra a desinformación 

Tamén se abre a primeira convocatoria de propostas para o establecemento e despregamento da rede European Dixital Innovation Hub (EDIH). Estes centros apoiarán ás empresas privadas, incluídas as pemes e as empresas emerxentes e ao sector público na súa transformación dixital. 

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Desenvolvemento de Sistemas, Aplicacións e Solucións Informáticas
  • Servizos electrónicos
  • Cidadán