accesskey_mod_content

Os certificados de sede e selo electrónico serán considerados como “certificados non cualificados”

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

24 xuño 2016

logo suite @asina

Estes cambios entrarán en vigor a partir do 1 de xullo

Con obxecto de aliñarse coas categorías e características dos novos servizos previstos no Regulamento eIDAS, deberase ter en conta o seguinte:

- Os certificados de selo electrónico relacionaranse, a partir do 1 de xullo, na lista de confianza de prestadores de servizos de certificación como "certificados non cualificados", na forma prevista no capítulo II do anexo I da Decisión de execución (UE) 2015/1505 da Comisión, do 8 de setembro de 2015(Abre en nova xanela) , pola que se establecen as especificacións técnicas e os formatos relacionados coas listas de confianza de conformidade co artigo 22, apartado 5, do Regulamento (UE) Nº 910/2014(Abre en nova xanela) do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á identificación electrónica e os servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interior.

- En relación co servizo de difusión web do MINETUR, previsto no citado artigo 30.2 da LFE, tanto os certificados de sede como os de selo electrónico da Administración Pública figurarán desde o 1 de xullo na categoría de certificados "non cualificados".

Por todo iso, a partir da citada data, os certificados de sede (clasificación 3 en @firma) e selo (clasificación 4 en @firma) segundo a Lei 11/2007 pasarán a considerarse como non cualificados. Tal como ocorre cos certificados de persoa xurídica, na Plataforma @asina manterase a clasificación destes certificados (tipo 3 e 4), para que o impacto nas aplicacións finais sexa o menor posible, pero hai que ter en conta que a partir do 1 de xullo estes certificados son non cualificados

Para máis información poden consultar os documentos de " Cambios asociados ao regulamento eIDAS " e " Tratamentos de certificados en @firma " dispoñibles na área de descargas da solución @sinatura do CTT.

  • Identidade e Firma electrónica