" /> PAe - FACe e CL@VE reciben senllos premios TIC AGE
accesskey_mod_content

FACe e CL@VE reciben senllos premios TIC AGE

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

29 abril 2015

A fundación SOCINFO outorgou hoxe día 29 de abril de 2015, entre outros premiados, o premio "TIC AGE 2015" a FACe - Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado e á plataforma CL@VE - Identidade electrónica para as administracións públicas

FACe é un proxecto da Dirección de Técnologías da Información e as Comunicacións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que se rexe pola lei 25/2013 de impulso da factura electrónica e a creación dos rexistros contables de facturas no Sector Público.Presta servizos de portelo de recepción de facturas electrónicas tanto á propia Administración Xeral do Estado como a máis de 6.000 Administracións Públicas que se adheriron ao seu uso, entre elas 16 das 17 Comunidades Autónomas españolas.

Cl@ve é a plataforma común do Sector Público Administrativo Estatal para a identificación, autenticación e firma electrónica mediante o uso de claves concertadas, aberta á súa utilización por parte de todas as Administracións Públicas. Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, permitindo que estes poidan identificarse ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal), sen ter que lembrar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.

Trátase dun proxecto colaborativo no que para a súa construción e prestación de servizo están a colaborar diferentes actores:

Dirección de Tecnoloxías da Información e Comunicacións como responsables do servizo e ofrecendo a pasarela intermediadora e portal informativo.
Seguridade Social ofrecendo o sistema de cl@ve permanente.
Axencia Estatal de Administración Tributaria ofrecendo o sistema de cl@ve pin.
Dirección Xeral da Policía para a futura provisión da firma na nube.

A fundación SOCINFO(Abre en nova xanela) outorgou hoxe día 29 de abril de 2015, os premios "TIC AGE 2015"(Abre en nova xanela) . Dous dos galardoados foron FACe - Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado e a plataforma CL@VE - Identidade electrónica para as administracións públicas.

Máis información sobre a solucion FACe
Máis información sobre a solucion Cl@ve

  • Cidadán
  • Empresa
  • Identidade e Firma electrónica