accesskey_mod_content

O nodo de interoperabilidade da Xunta de Galicia posibilitará en 2015 un aforro de máis de 5 millóns en cargas administrativas.

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

20 xuño 2014

Pasaxe! permite o intercambio de información entre as administracións estatal, autonómica e local e evita presentar documentos que consten en poder destas.

No marco do Plan de modernización da Administración autonómica, a Xunta impulsará os servizos dispoñibles no nodo de interoperabilidade Pasaxe! co obxectivo de conseguir o millón de consultas en 2015, o que posibilitará un aforro de 5 millóns de euros pola redución de cargas administrativas. Ademais, este ano porase en marcha o sistema de notificacións electrónicas Notific@, que substituirá as comunicacións certificadas por correo común coas mesmas garantías legais, de seguridade e confidencialidade.

Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica, estatal e local evitando ao cidadán achegar documentación que xa está en poder das administracións públicas. Cúmprese así cos deberes establecidos na Lei 11/2007, do 22 xuño, de acceso electrónico das cidadás aos servizos públicos.

Pasaxe! entrou en funcionamento con catro procedementos, os existentes ata agora no portal de interoperabilidade que a Xunta puxo en marcha en 2010 para os seus departamentos, e que no últimos tres anos evitou aos cidadáns a presentación de máis de 680.000 copias de documentos ou certificados de identidade, residencia e catastro. As consultas a este portal supuxeron un aforro por redución de cargas administrativas de máis de 780.000 euros.

A estes servizos, Pasaxe! incorporou 15 máis e ao longo do ano conseguiranse un total de 30 como o imposto de actividades económicas, o título de familia numerosa, títulos universitarios e non universitarios ou o certificado de discapacidade, entre outros. Coa incorporación dos novos servizos a previsión é aumentar nun 300% o número de consultas polo que se conseguirá o millón en 2015. Ademais, a Xunta porá a disposición dos concellos o nodo de interoperabilidade, o que lles permitirá acceder aos servizos de interoperabilidade da Administración xeral do Estado.

Fonte orixinal da noticia (Abre en nova xanela)

A plataforma galega utiliza os servizos ofrecidos pola Plataforma de Intermediación de Datos  que xestiona os certificados ofrecidos pola Administración Xeral do Estado.

  • Interoperabilidade

0 Comentarios

Non hai comentarios

 
Subscríbeche á canle de youtube do OBSAE
 
Subscríbeche á canle de youtube do OBSAE