accesskey_mod_content

Novo portal de internacionalización para pemes da Unión Europea

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

04 agosto 2014

logo Comisión europea

O novo portal A Comisión Europea “SME Internationalisation Portal” supón un portelo único onde as pemes poden acceder aos servizos públicos de apoio. O obxectivo é axudar ás pemes da Unión Europea a expandir o seu negocio fóra da Unión.

A Comisión Europea ha lanzado recentemente o “SME Internationalisation Portal” para axudar ás pemes establecidas dentro da Unión Europea a expandir o seu negocio fóra da Unión.

O portal ofrece axuda práctica para empresas europeas que queiran facer negocios con terceiros países, e supón un portelo único onde poder acceder a servizos públicos de apoio ás pemes.

Un dos servizos que ofrece o portal é unha base de datos de provedores de servizos de axudas públicas para mercados locais e internacionais. A base de datos é de acceso libre e gratuíto e inclúe máis de 300 provedores e uns 1.200 servizos de axuda.

Nun mundo globalizado, as pemes da Unión Europea teñen que ser capaces de soportar a crecente competencia das economías desenvolvidas e emerxentes e capitalizar as oportunidades de mercado que estes países proporcionan.

O portal ofrece un portelo único para empresas europeas que buscan servizos públicos de apoio para axudarlles a saír ao exterior.

Máis información sobre pemes da Unión Europea(Abre en nova xanela)

  • Empresa
  • Servizos electrónicos