accesskey_mod_content

O proxecto STORK 2.0 organiza a súa primeira reunión do Grupo da Industria

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

12 setembro 2013

Logotipo STORK 2.0

A reunión terá lugar o 26 de setembro de 2013 durante o World eID congress en Niza

O proxecto STORK 2.0 (Secure idenTity acrOss boRders linKed - Identidades seguras enlazadas a través de fronteiras) representa un paso cara a adiante na creación dunha infraestrutura e un marco plenamente operacionais para a identidade e a autenticación electrónicas na UE.

STORK 2.0 organizará a súa primeira reunión do Grupo da Industria o 26 de setembro de 2013, durante o World eID Congress (Congreso Mundial da identificación electrónica), que se celebrará en Niza (Francia). Esta sesión de 90 minutos, programada de 14:00 a 15:30, terá por obxecto informar os actores da industria da identificación electrónica, e aos organismos de estandarización, acerca dos avances, resultados e aplicacións do proxecto, así como manter, despois das presentacións, unha discusión aberta cos asistentes na que comentar o presentado e compartir as súas opinións.

Participantes de STORK 2.0:

  • John Heppe, Consultor Senior de Indra, responsable do paquete de traballo central 
  • Herbert Leitold, Xefe da División Graz A-SIT, socio de STORK 2.0
  • Jaime Martín Pérez, Xefe de Proxecto, Atos Research & Innovation, coordinador de STORK 2.0
  • Frank Leyman, Xerente de Relacións Internacionais de FEDICT, Vice Presidente do Consello Internacional do TIC na Administración Pública (ICA), socio de STORK 2.0

Axenda:

  • Introdución á reunión: Herbert Leitold
  • Infraestrutura técnica e presentación dunha demo: Herbert Leitold - John Heppe 
  • Pilotos do mundo real e experiencias de uso de STORK: Jaime Martín Pérez
  • Discusión aberta - Valor engadido para os axentes do sector: Frank Leyman

A reunión do Grupo da Industria de STORK 2.0 estará aberta aos visitantes do Congreso Mundial da identificación electrónica ( World eID Congress(Abre en nova xanela) ) e non implicará custo adicional respecto da taxa de inscrición como delegado nas conferencias.

Se está interesado en asistir á reunión, deberá rexistrarse adecuadamente a través da plataforma segura en liña do Congreso ( enlace http://www.worlde-idcongress.com/registration(Abre en nova xanela) )

Máis información sobre STORK 2.0 en www.eid-stork2.eu www.eid-stork2.eu (Abre en nova xanela)
 

  • Software Libre
Punto de Acceso Xeral
 
Punto de Acceso Xeral