accesskey_mod_content

Nova edición do Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

25 novembro 2013

O Rexistro Central de Persoal da Dirección Xeral de Modernización Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica (DGMAPIAE) publicou o novo BEPSAP cos datos dispoñibles en xullo de 2013.

O Boletín Estatístico do persoal ao servizo das Administracións Públicas, Rexistro Central de Persoal (BEPSAP) ten como obxectivo presentar información que facilite o coñecemento dos efectivos ao servizo das distintas Administracións Públicas tanto na Administración Pública Estatal como nas administracións das Comunidades Autónomas, a Administración Local e as Universidades.

Esta publicación, elaborada polo Rexistro Central de Persoal (RCP) da Dirección Xeral de Modernización Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica, comezou a publicarse en 1990 e ten carácter semestral. A nova edición corresponde aos datos consolidados de xullo de 2013.

Consulte a edición de xullo de 2013 do Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas(Abre en nova xanela) .

  • Goberno aberto
  • Observatorio de Administración Electrónica