accesskey_mod_content

Melide implanta a sede electrónica para trámites a través de Internet

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

28 maio 2013

Pódese acceder a través da web do Concello e da Deputación da Coruña.

O Concello de Melide puxo en marcha a sede electrónica para a xestión a través de Internet dos trámites que o cidadán realiza habitualmente desprazándose ao consistorio. Solicitar un certificado de empadroamento, unha licenza ou unha praza nas escolas deportivas son só tres exemplos das múltiples funcións que achega aos veciños o novo servizo, ao que se pode acceder co DNI electrónico ou cun certificado dixital a través das páxinas web do Concello e da Deputación da Coruña.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

 

  • Cidadán
  • Servizos electrónicos