accesskey_mod_content

Actualizados os servizos Web de G-Inside

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

22 xaneiro 2013

Actualizáronse os servizos Web de G-Inside, que permiten unha nova serie de operacións. Tentouse dar cabida a necesidades múltiples de diversos organismos. En próximos días o cliente de formularios de G-Inside estará dispoñible incorporando estas novas funcións

Entre as novidades do servizo cabe destacar

  • Engádese información sobre a funcionalidade de conversión de documentos e expedientes.
  • Engádense as funcionalidades de validación de documentos e expedientes ENI.
  • Engádese a funcionalidade de visualización de documentos ENI.
  • Engádense como operacións de Documento Electrónico a validación de documentos ENI e a visualización.
  • Engádese como operación de Expediente Electrónico a validación de expedientes ENI.
  • Engádense como operacións de WS as operacións convertirExpedienteAEniConMAdicionales, convertirDocumentoAEniConMAdicionales, validarDocumentoEniFile, validarExpedienteEniFile e visualizarDocumentoEni.
  • Incorpóranse os novos tipos e esquemas asociados.
  • Engádese, na documentación, o Anexo II, con exemplos de pedimento e respostas SOAP para os métodos da Web Service.

A especificación completa dos servizos atópase dispoñible na Sección de Descargas de InSide .

  • Interoperabilidade
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía