accesskey_mod_content

Ao 74% dos españois gustaríalle acceder por Internet ao seu historial clínico.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

21 xaneiro 2013

Segundo o III Estudo Bupa-Sanitas Health Pulse que recolle as tendencias no coidado sanitario de máis de 14.000 adultos enquisados en 13 países do mundo. Trátase da terceira edición do informe, publicado anualmente desde o 2010, e cuxo obxectivo é analizar o papel de Internet e as redes sociais na asistencia sanitaria a nivel internacional.

A maioría da poboación (84%) accede á rede para temas relacionados coa sanidade. A 7 de cada 10 españois (74%) gustaríalle poder dispor dun acceso seguro en Internet onde poidan acceder ao seu historial médico ou aos resultados das súas probas médicas.

Ao 60% de enquisados gustaríalle poder comunicarse directamente co seu doutor vía e-mail e ao 58% gustaríalle facelo a través dun chat en liña. A máis da metade dos españois (57%) gustaríalle poder contar cun servizo de consulta en liña, que lle permita enviar unha imaxe por Internet a un profesional médico para obter un diagnóstico do seu estado de saúde.


Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cidadán

0 Comentarios

Non hai comentarios