accesskey_mod_content

Preséntase unha plataforma de administración electrónica na Deputación da Coruña.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

A Coruña 13 xullo 2012

A Deputación da Coruña lanzou unha plataforma de administración electrónica para que os veciños dos concellos da provincia coruñesa poidan realizar diferentes trámites administrativos desde casa, segundo apuntou o presidente da entidade provincial, Diego Calvo.

En rolda de prensa, Calvo estivo acompañado polo alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, por ser o primeiro concello en pór en marcha este sistema, cuxo custo para a entidade provincial ascende a 177.000 euros, mentres que supón un desembolso de "cero euros" para as 47 entidades adheridas. O total de prazas é de 70, polo que Calvo espera que continúen as adhesións.

Os trámites realizaranse de forma telemática e permitirán, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar un expediente. Para iso, necesitarase o DNI electrónico ou un certificado electrónico.

Máis información(Abre en nova xanela)

  • Servizos electrónicos