Liña 1: Servizos para os usuarios
Xoves, 8 de abril - Sesión 10 - 16:00 - 18:00 - Auditorio
A administración aberta (Open Government) é unha Administración na que priman as relacións cos cidadáns e o contacto directo con eles, facéndose máis transparente, participativa e colaborativa.
Unha Administración aberta escoita aos cidadáns e ten en conta as súas opinións, o mesmo fai con outras administracións, compartindo información e coñecemento. Asume a apertura de datos en liña, asegura a calidade e obxectividade da información e leva consigo un cambio cultural baseado principalmente no principio de participación cidadá.
Cada vez máis a Administración debe ir abríndose cara ás redes sociais da blogosfera, tales como facebook, twitter, flickr e youtube, entre outras. A Administración debe ter presenza alí onde están os seus potenciais clientes.
Nesta sesión desenvólvese o concepto de Open Government e faise fincapé nas actuais ferramentas en rede que facilitan as relacións electrónicas, sempre desde o diálogo constante, o debate e a mellora constante.
A administración aberta (Open Government) é unha Administración na que priman as relacións cos cidadáns e o contacto directo con eles, facéndose máis transparente, participativa e colaborativa.
Unha Administración aberta escoita aos cidadáns e ten en conta as súas opinións, o mesmo fai con outras administracións, compartindo información e coñecemento. Asume a apertura de datos en liña, asegura a calidade e obxectividade da información e leva consigo un cambio cultural baseado principalmente no principio de participación cidadá.
Cada vez máis a Administración debe ir abríndose cara ás redes sociais da blogosfera, tales como facebook, twitter, flickr e youtube, entre outras. A Administración debe ter presenza alí onde están os seus potenciais clientes.
Nesta sesión desenvólvese o concepto de Open Government e faise fincapé nas actuais ferramentas en rede que facilitan as relacións electrónicas, sempre desde o diálogo constante, o debate e a mellora constante. Ver máis
Moderador:
D. Iñaki Ortiz Sánchez, Director de Innovación e Administración Electrónica, Departamento de Xustiza e Administración Pública, Viceconsejería de Administración Pública, Goberno Vasco
Relatores:
- D. Rafael Chamorro Marín. Director da Oficina Española de Turismo en Oslo
- D. Alberto Ortiz de Zárate Tercero. Director de Atención Cidadá , Departamento de Xustiza e Administración Pública, Goberno Vasco
- D. Ignacio Celaya Pérez. Director Xeral de Participación Cidadá, Goberno de Aragón
- D. Marc Garriga Portolà. Web Analytics Manager, Concello de Barcelona
- Dª Idoia Llano Abril. Xefa de Estudos, Documentación e Biblioteca, Defensor do Pobo do País Vasco