accesskey_mod_content

A Xunta ampliará o catálogo de servizos dixitais aos concellos para facilitarlles a adaptación á Lei 39/2015

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

27 xaneiro 2017

A directora da AMTEGA sinalou que se porán á disposición das entidades locais ferramentas esixidas pola nova lei como as notificacións electrónicas ou o Arquivo Dixital.

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA(Abre en nova xanela) ), adiantou esta mañá que a Xunta está a traballar nun novo acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia ( FEGAMP(Abre en nova xanela) ) para ampliar o catálogo de servizos dixitais que a Administración pon á disposición dos concellos. O obxectivo desta cooperación é facilitar a adaptación das entidades locais á nova Lei 39/2015(Abre en nova xanela) , que esixe que o procedemento electrónico sexa o habitual e non as excepcións nas Administracións.

Este acordo ampliará a colaboración que a Xunta iniciou en 2009 coa FEGAMP para impulsar a Administración electrónica nos concellos, facilitándolle o acceso a novos servizos dixitais da Xunta neste ámbito como as notificacións electrónicas ou o Arquivo Dixital. 

Administración Dixital

A directora de AMTEGA destacou que a dixitalización da Administración é un dos obxectivos da Axenda Dixital 2020 e que Galicia ten en marcha parte das medidas que esixen as leis 39/2015 e 40/2015, que entraron en vigor o pasado mes de outubro. Neste sentido, destacou que os galegos xa poden solicitar as notificacións electrónicas coa Administración, a través do Sistema  Notific@ , que, unha vez completada a súa implantación, permitirá un aforro de 2 millóns de euros fronte á notificación en papel.

Sinalou tamén que a Xunta conta xa desde 2015 coa plataforma de interoperabilidade  Pasaxe!(Abre en nova xanela) , con preto de 40 certificados dispoñibles, que evita aos cidadáns a presentación de documentos que xa están en poder da Administración. A entrada en funcionamento de novos servizos na sede electrónica como a obtención de certificados, o Arquivo Electrónico ou a dixitalización dos Rexistros son outras das medidas xa en marcha.

Xustiza, Educación, Cultura, Turismo e Benestar

Xunto coa consolidación da Administración electrónica, A directora de AMTEGA lembrou que a Axenda Dixital establece a folla de ruta para dixitalizar outros servizos públicos esenciais como a Xustiza, a Educación ou área do Benestar.

No ámbito xudicial, a responsable da Axencia autonómica, indicou que o obxectivo é avanzar na implantación do expediente xudicial electrónico coas medidas do Plan Senda 2020 estendendo a implantación de equipamento tecnolóxico, e a consolidación das pezas chave do EXE. No ámbito educativo, estenderanse as aulas dixitais a todos os centros educativos de Primaria, ESO e bacharelato no marco do proxecto Abalar. As principais actuacións previstas no campo social son a consolidación da Historia Social Única Electrónica, que xa conta con preto de 400.000 historias, e avanzar no modelo de Fogar Dixital.

Dixitalización do Turismo e do Patrimonio Cultural

Respecto ao Turismo, un dos sectores estratéxicos para Galicia, avanzouse que o Plan Smarturismo buscará consolidar o uso da plataforma tecnolóxica, xa construída, que facilita a comunicación e colaboración co sector, e desenvolverá novos servizos para as oficinas de turismo e albergues do Camiño de Santiago.

No campo cultural, a directora da AMTEGA avanzou que este ano se porán en marcha novas liñas de actuación vinculadas á Memoria Dixital de Galicia, unha iniciativa para dixitalizar todo o patrimonio material e inmaterial da Comunidade, coa integración de novos fondos en Galiciana e a evolución dos sistemas de catalogación de recursos de arquivos, bibliotecas e museos.

Modernización dos Sectores Primarios

No sector primario, en 2017 avanzarase en dúas liñas do programa Primar co desenvolvemento dunha plataforma de servizos de valor engadido tanto para os agricultores como para a administración e coa modernización dos procesos de xestión e comercialización nas lonxas de Galicia.

Sector TIC, elemento tractor da dixitalización

Finalmente, a directora da AMTEGA fixo fincapé en que no desenvolvemento de todas estas iniciativas a Administración autonómica conta coa colaboración do sector TIC, que é “socio” de a  Axenda Dixital de Galicia(Abre en nova xanela)  e tamén obxectivo das súas actuacións para consolidalo como impulsor imprescindible da dixitalización do resto dos sectores produtivos.

Fonte orixinal da noticia .

  • Leis 39 e 40
  • Cooperación interadministrativa