accesskey_mod_content

A Xunta de Galicia libera a aplicación web de xestión de aulas da rede CeMIT

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

21 xaneiro 2015

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acaba de publicar no Repositorio de Software Libre da Xunta, a aplicación web de xestión de aulas (XEA) desenvolvida para as as aulas da rede CeMIT, en colaboración con Fundetec. No Repositorio están xa dispoñibles con licenzas libres tanto o código fonte completo da aplicación como a súa documentación.

  •  XEA é unha ferramenta que permite a xestión unificada e coordinada das actividades, axentes e usuarios das aulas.
  • A súa publicación con licenza libre facilita a reutilización por parte doutras administracións así como a colaboración para a súa mellora.
  • A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) ofrece formación en novas tecnoloxías a cidadáns e empresas a través das súas 98 aulas.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Servizos electrónicos
  • Goberno aberto