accesskey_mod_content

A Estrada prepárase para ser concello piloto nun proxecto de e-administración.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

23 abril 2013

En setembro terá na CPD da Deputación todos os documentos públicos desde as orixes do concello - Proxecta implantar o expediente electrónico municipal.

O Concello da Estrada estase preparando para ser un dos 5 concellos piloto da provincia en participar no proxecto Depo-Tic de administración electrónica, impulsado pola Deputación Provincial de Pontevedra con financiamento procedente de fondos europeos.

Con tal motivo, o alcalde e o tenente de alcalde, José López Campos e Alberto Branco, participaron o venres no organismo provincial nunha reunión técnica na que se acordou que o mércores arrinque na Estrada a dixitalización de todas as actas e documentos públicos do arquivo municipal por parte de persoal enviado pola Deputación.

Prevese que os traballos conclúan en 3 meses. Logo, toda esa documentación pública desde as orixes do concello no século XIX -incluíndo actas de plenos, límites territoriais e expedientes de deslindamentos, entre outros- estará na unidade Centro de Procesamento de Datos (CPD) da Deputación.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cidadán
  • Desenvolvemento de Sistemas
  • Servizos electrónicos