accesskey_mod_content

Publicación da Guía de Accesibilidade para Contidos Multimedia

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

21 xullo 2011

O observatorio de Accesibilidade Web publica unha nova guía práctica para axudar á xestión da accesibilidade dos contidos multimedia.

Os contidos multimedia, polos seus especiais características, son un dos tipos de contidos que resulta máis difícil ofrecer cunha calidade óptima de accesibilidade na web. A pesar diso, a evolución na rede fixo que este tipo de contidos estea cada vez máis presente nos portais institucionais, especialmente nas seccións de prensa. Con todo, non debemos esquecer que aínda que resulte custoso, este contidos deben cumprir os requisitos de accesibilidade de modo que poidan ser accedidos por todos os cidadáns.

A Guía de Accesibilidade en Contido Multimedia está indicada tanto para os responsables técnicos de portais como para os responsbles de seccións con contido multimedia, por exemplo os gabinetes de prensa. A guía especifica tanto os requisitos técnicos para a inclusión do contido multimedia na web como os requisitos específicos que debe cumprir o propio contido durante a súa xeración e preparación (subtítulos, lingua de signos, etc.). É importante destacar tamén que ante a próxima necesidade de aplicación do WCAG 2.0, a guía recolle estes requisitos en función das novas pautas de accesibilidade.

As guías poden atoparse na "Área de Descargas" ou na apartado "Documentación" da " Comunidade Accesibilidade(Abre en nova xanela) ". Tamén poden atoparse na sección "Administración Electrónica Inclusiva - Accesibilidade" do Portal de Administración Electrónica

Esperamos que vos sexa de utilidade,

Para máis información sobre a iniciativa: Comunidade Accesibilidade(Abre en nova xanela)

  • Accesibilidade
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía